Actividades para este Nadal en Golfiño

Estivemos a darlle voltas á cabeciña, e creemos que as nenas e os nenos merécense o mellor mes de Nadal das súas vidas.

Foron os que mellor se portaron durante este ano 2020 tan malo. O bicho, o coronavirus, non vai poder coa súa ilusión. Son merecedores do mellor Nadal que lle podamos ofrecer.Winter is coming, ¿cuál es el problema_

Golfiño, no seu Centro de Ocio Infantil e Familiar, quere poñer o seu graniño de area.

¡ATENCIÓN!

Estas serán as actividades que levaremos a cabo. Pide máis información sen compromiso:

  • 5 de decembro, sábado: xogos e obradoiros de adornos de Nadal. De 17 a 18.30 h.
  • 12 de decembro, sábado: xogos e repostería de Nadal. De 11.30 a 13 h.
  • 19 de decembro, sábado: xincana por Ribeira, «buscando ao Apalpador». De 16.30 a 18.30 h.
  • Campamento de Nadal: 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro e 4 e 5 de xaneiro. De 9 a 14 horas.Manualidades navidad golfiño

Todos os días do campamento de Nadal teremos a visita dalgunha personaxe máxica: O Pai Noel, O Apalpador e o Carteiro Real.

CHAMA E SOLICITA INFORMACIÓN: 630 065 790

Comentarios

Su dirección de email NO será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2015 ESCOLA DAS ILLAS . AVISO LEGAL . Política de Privacidad.

DESARROLLADO POR AB CREATIVELAB