Escola de Verán Golfiño e Galaxia

Outro verán, dúas entidades como, Golfiño e Galaxia – Galaxia e Golfiño, vólvense a unir para ofertar unha escola de verán.

Como ven sendo habitual, a escola de verán será nas instalacións do Colexio Galaxia e faremos moitas saídas e excursións para que os participantes se divirtan e disfruten do verán á vez que fan novas amizades, adquiren novas competencias e os pais e nais poden conciliar a vida laboral e familiar.

As portas do Colexio Galaxia e da Escola de Verán están abertas a todo o mundo que o desexe. Non fai falla ser alumno/a do Colexio para participar destas actividades.

Ofertamos as seguintes datas:

  • A derradeira semana de xuño.
  • Mes de xullo.
  • Mes de agosto.

O horario a levar a cabo será de 09 a 14 horas. Coma todos os anos, temos a posibilidade de ampliar horario coa aula matinal (desde as 7.30 horas) e co servizo de comedor (De 14 a 16 horas).

O prezo por mes de actividade é de 70 €.

Este prezo leva incluido: A instalación, o material, o equipo dirixente, seguros de responsabilidade civil e seguro de accidentes. (Temos a disposición de todas as familias unha carpeta coas altas na seguridade social de todos os traballadores e a vixencia dos seguros).

As idades ás que vai dirixida esta escola de verán son de 4 a 12 anos.

O prazo de inscrición xa está aberto e podas inscribirte ou solicitar máis información en:

Centro de Ocio Infantil e Familiar Golfiño
Secretaría do Colexio Galaxia.
Email: info@xestiondeocio.com
Telf: 981 97 27 44 – 981 87 12 42 – 630 065 790
www.xestiondeocio.com

Puedes seguirnos en facebook, twitter, instagram,…

Comentarios

Su dirección de email NO será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2015 ESCOLA DAS ILLAS . AVISO LEGAL . Política de Privacidad.

DESARROLLADO POR AB CREATIVELAB