O Parque na Escola e a Escola no Parque

PROXECTO EDUCATIVO

O PARQUE NA ESCOLA A ESCOLA NO PARQUE

 

EIXOS PRINCIPAIS DO PROXECTO:

  • COÑECEMENTO DO PN.

Nas aulas os alumnos coñecerán o Parque Nacional, mediante unhas sesións lúdicas de presentación das illas, e centrarémonos na illa de Sálvora.

Os alumnos deberán facer creacións sobre a mesma: banda deseñada e /ou creación artísticas.

As datas para levar a cabo este proxecto son: 4, 5, 6 e 7 de abril de 2016.

  • VIAXE Á ILLA.

Sirena Sálvora Golfiño Xestion Ocio

Partindo da aprendizaxe experiencial, e da nosa filosofía de traballo, que ten nos campamentos unha gran base educativa, partiremos cun grupo de 150 nenos e nenas do Colexio Galaxia a pasar un día completo na illa.

Esta será a forma de dar continuidade á aprendizaxe nas aulas e poder facer cos nenos e nenas actividades no entorno da illa.

A data para levar a cabo esta viaxe é o 29 de abril de 2016.

  • TODOS GAÑAMOS APRENDENDO.

A aventura de pasar un día en Sálvora, será para unha pequena representación dos participantes no proxecto, pero todos merecen unha compensación, que se levará a cabo o día 8 de abril de 2016, cunha gran xornada lúdica.

monitores escola tempo libre illas atlánticas

Así o proxecto dividirase en varias partes:

  • Presentación do proxecto no colexio Galaxia:
    • Un total de 360 nenos e nenas do colexio Galaxia serán o público diana central da actividade que propoñemos.
    • Os cursos a participar serán desde infantil ata 6º de primaria.

OBXECTIVOS

  • Dar a coñecer o Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas entre os escolares do municipio.
  • Entender que é un parque Nacional e a importancia de preservar o mesmo.
  • Coñecer os arquipélagos que conforman o Parque, e os municipios de influenza.
  • Inculcar o respecto e o gusto polo medio natural e por espazos protexidos.
  • Coñecer a illa de Sálvora con detemento.
  • Impulsar a I CARREIRA POLA CONSERVACIÓN DO PARQUE NACIONAL.

METODOLOXÍA DE TRABALLO

Sendo a aprendizaxe e a pedagoxía lúdica, o puntal base da transmisión de contidos da Escola Illas Atlánticas, todas as actividades a por en marcha, gozarán dunha parte explicativa que correrá a cargo do equipo de monitorado e guías do parque nacional que conforman o equipo de traballo da escola Illas Atlánticas.

O fundamental e que os cativos non só recorden o concurso ou a festa,  senón que aprendan os coidados a ter presentes nos espazos naturais, así como a pertenza ao noso entramado cultural.

Comentarios ( 1 )
  1. Juana Miranda

    Me encanta el proyecto. Una pena que me hija, que estudia en la Milagrosa, no pueda ir.

    Como siempre, enhorabuena

Comentarios

Su dirección de email NO será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2015 ESCOLA DAS ILLAS . AVISO LEGAL . Política de Privacidad.

DESARROLLADO POR AB CREATIVELAB