Semana Santa Divertida 2016

O campamento urbano que presentamos, é una proposta de lecer educativo que consiste na realización dun campamento na propia cidade.

O que pretendemos é que os participantes o pasen ben neste período vacacional, dunha forma lúdica e educativa e sempre acompañados por profesionais; así mesmo queremos conciliar a vida familiar e laboral xa que durante os días que ofertamos a actividade os participantes non teñen clase pero moitos pais e nais si traballan.

O eixo fundamental do campamento será o descubrimento da cidade, pero é preciso ter unha base de recepción, que sexa tamén base para o campamento nos días de choiva, espacio que o colexio Galaxia, ubicado no centro da cidade, dispón na súa área de ximnasio.

III Campamento Urbano de Semana Santa – Colexio Galaxia.
Semana Santa Divertida 2016

Golfiño Xestión de Ocio e o Colexio Galaxia teñen a satisfacción de volver a ofrecer unha actividade para que as familias poidan conciliar a súa vida laboral e familiar.

A actividade consistirá en que os nenos e nenas, de infantil e primaria, disfruten dunha proposta totalmente lúdica durante os días laborais de Semana Santa. (21, 22 23 e 28 de marzo)

O punto de encontro será o ximnasio do colexio Galaxia pero, si a climatoloxía o permite, as actividades levaranse a cabo nas rúas, prazas, parques, instalacións municipais,…. do Concello.

O III Campamento Urbano de Semana Santa – Colexio Galaxia, levará o nome de Semana Santa Divertida 2016. As actividades, que serán levadas a cabo polas monitoras de Golfiño Xestión de Ocio, son: grandes xogos temáticos, cociña divertida, obradoiros de reciclaxe, cancións, coreografías, xogos xigantes, búsqueda do tesouro e moitas sorpresas máis.

O horario ofertado é de 09 a 17 horas, podendo incorporarse ou marcharse en calquera momento. Os nenos e nenas participantes terán que levar a súa propia comida.

O prezo da actividade será de 25 € para os catro días. Este ano volveremos a ofertar a posibilidade de inscribirse en días soltos, neste caso o prezo será de 10 € día.

Non é requisito pertencer ao Colexio Galaxia, senón que poderán participar todos os nenos/as de familias que necesiten da conciliación e desexen que os seus fillos/as pasen unha semana santa divertida.

Máis información e inscricións, na secretaría do Colexio ou nos teléfonos: 630 065 790 – 981 87 12 42

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. O período de inscrición xa está aberto e remata o xoves 17 de marzo.

Esperando que a actividade sexa do voso agrado, despedímonos atentamente

Colgamos este enlace para descargar a folla de inscrición. PINCHA AQUÍ

Comentarios

Su dirección de email NO será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2015 ESCOLA DAS ILLAS . AVISO LEGAL . Política de Privacidad.

DESARROLLADO POR AB CREATIVELAB