Apoio FEDER a Golfiño

Golfiño Xestión de Ocio para superar a pandemia da COVID-19 estase reinventando constantemente. Neste derradeiro ano, entre outras medidas, decidimos abrir a Tapería a de Maris e ampliar o negocio.

Agora, ademais de ter o parque de bolas dirixido aos máis pequenos da casa, temos unha tapería para que as familias poidan estar cómodos e poder picar comida de calidade de produto Km 0.

En outubro de 2021 solicitamos unha subvención para investimentos en equipamentos post covid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (TU503E), e o 16 de decembro tivemos a grande sorte de que nos foi concedida.

Dende esta web queremos recoñecer o apoio do FEDER a esta operación que está financiada como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

Unha maneira de facer Europa.Axuda FEDER COVID

Comentarios

Su dirección de email NO será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

© 2015 ESCOLA DAS ILLAS . AVISO LEGAL . Política de Privacidad.

DESARROLLADO POR AB CREATIVELAB